O Club Xadrez Ramiro Sabell organiza esta proba de inscrición de balde e aberta ata o vindeiro mércores día 11

III Partida Simultánea de Xadrez coa WIM Yudania Hernández

Fragmento del cartel anunciador.

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, convida

a todas as e os xadrecistas de Ponteareas e da comarca a inscribirse na III

partida simultánea de xadrez coa WIM Yudania Hernández.

Este encontro coa nosa afamada xadrecista será

na carpa da praza Maior o vindeiro venres día 13 de 16:30 a 19 horas.

O prazo de inscrición estará aberto ata o

vindeiro mércores día 11 a través do mail xadrezramirosabell@gmail.com e será totalmente de balde.

Co obxectivo de promocionar este deporte no noso

concello, o Club Xadrez Ramiro Sabell convida a todos os nenos e a todas as

nenas maiores de 6 anos con nocións básicas de xadrez a participar e aprender

coa gran Yudania, mestra internacional feminina de xadrez, catro veces campioa

de España individual e por equipos, olímpica por Cuba e España en diferentes

ocasións e adestradora da selección galega e española en idades escolares.

Nahir Covelo destaca a espectacularidade deste

tipo de partidas na que a mestra Yudania terá que enfrontarse a múltiples

xogadores facendo gala dun extraordinario poder de concentración.