Historias de fe y esperanza en Tui-Vigo: la Iglesia que acompaña y transforma vidas

(De esq. a dta.) Antonio, marinro-pescador acompañado por Stella Maris de Vigo; Jesús M. Carracedo, vigario de Economía; Mons. Antonio Valín, bispo de Tui-Vigo; Birama Ndong, marinero-pescador acompañado por Stella Maris de Vigo; María Isabel Barrios, usuaria do proxecto Clara da diócese de Tui-Vigo.
 La diócesis de Tui-Vigo presentó la campaña del Día de la Iglesia Diocesana bajo el lema «Tú también puedes ser santo», invitando a vivir la santidad en lo cotidiano. El acto destacó la labor social, pastoral y solidaria de una Iglesia que acompaña, forma y agradece a todos sus colaboradores.

A diocese de Tui-Vigo presentou a nova edición da campaña do Día da Igrexa Diocesana, que se celebrará o vindeiro domingo 9 de novembro baixo o lema «Ti tamén podes ser santo». A xornada convida a reflexionar sobre a misión e o compromiso da Igrexa no sur da provincia de Pontevedra, ao tempo que busca agradecer a colaboración de quen contribúen, co seu tempo e xenerosidade, a construír unha comunidade viva e solidaria.

O acto, celebrado na sede diocesana, contou coa participación de monseñor Antonio Valín, bispo de Tui-Vigo; Jesús M. Carracedo, vigairo de Economía; María Isabel Barrios, beneficiaria do proxecto CLARA de Cáritas Diocesana; e Birama Ndong, mariñeiro-pescador acompañado polo centro Stella Maris de Vigo.

Santos e beatos que iluminan a diocese

Este ano, a campaña coincide coa festividade da dedicación da basílica de Letrán, día que o papa Francisco quixo vincular, a partir de 2025, á memoria dos santos, beatos e servos de Deus de cada Igrexa particular. Durante a súa intervención, monseñor Valín lembrou as figuras dalgúns referentes espirituais da diocese: o beato Pedro González Telmo, patrón de Tui-Vigo; san Paio, natural de Albeos; o beato Manuel, de Ribarteme; o salesiano beato Salvador Fernández Pérez, natural de Crecente; e o beato José García Pérez, primeiro beato do século XXI nacido en Teis.

Transparencia e agradecemento

O vigairo de Economía, Jesús M. Carracedo, aproveitou a presentación para agradecer o compromiso dos fieis e colaboradores que permiten á diocese continuar o seu labor evanxelizador. Tamén explicou algúns datos incluídos na revista A Nosa Igrexa, a memoria económica anual da diocese, na que se recollen os principais ingresos e gastos do último exercicio.

Carracedo destacou, ademais, a recente restauración dun bosquexo do arquitecto Antonio Palacios, obra conservada pola diocese e vinculada a un proxecto de templo en Chapela. A intervención, cun investimento de 2.500 euros, realizouse con motivo do 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés. A peza formará parte da exposición permanente do Museo Catedralicio Diocesano (TUDE).

A Igrexa que acompaña na vulnerabilidade

O Día da Igrexa Diocesana tamén busca poñer rostro á acción social e pastoral da Igrexa local. Neste contexto, María Isabel Barrios e Birama Ndong compartiron os seus testemuños, exemplos concretos de acompañamento e esperanza.

 Bosquexo do arquitecto Palacios, obra conservada pola diocese e vinculada a un proxecto de templo en Chapela.

De orixe venezolana, María Isabel Barrios chegou a Vigo en 2023 xunto cos seus dous fillos. En 2024 incorporouse ao proxecto CLARA de Cáritas Diocesana, que lle ofreceu estabilidade habitacional, apoio económico e orientación laboral. Grazas a esa axuda, puido formarse no sector da hostalaría e hoxe conta cun emprego estable, mentres un dos seus fillos traballa a tempo parcial. Con ese esforzo conxunto, a familia conseguiu acceder a unha vivenda en alugueiro.

Pola súa banda, Birama Ndong, senegalés, coñeceu o centro Stella Maris a finais de 2022 tras unha etapa de especial dificultade. Alí atopou apoio para acceder a un aloxamento temporal e, máis tarde, a unha habitación compartida. Coa orientación do equipo do centro, logrou obter as titulacións necesarias para traballar como mariñeiro-pescador na frota de baixura. Na actualidade continúa a súa formación como soldador, símbolo da súa vontade de superación.

Unha comunidade en camiño

Co lema «Ti tamén podes ser santo», a diocese de Tui-Vigo convida a todos os fieis a descubrir a santidade na vida cotiá e a recoñecer o labor silencioso de quen, desde a xenerosidade, o traballo e a fe, contribúen a que esta Igrexa siga medrando e acompañando a quen máis o precisan.

```