A Festa do Tinto Rías Baixas das Neves, escaparate da singularidade vitivinícola do Condado co apoio da Deputación

Luis López remarca a importancia da tradición vitivinícola nas Neves e a singularidade dos tintos da subzona do Condado na XIX Festa do Tinto Rías Baixas.

Luis López destacou a singularidade do tinto Rías Baixas do Condado na XIX Festa do Viño Tinto Rías Baixas das Neves, evento apoiado pola Deputación con case 13.000 euros.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu nas Neves á XIX Festa do Viño Tinto Rías Baixas onde remarcou a importancia da tradición vitivinícola do concello e a singularidade dos tintos da subzona do Condado. Os festexos combinan a exaltación dos viños con actividades gastronómicas, culturais e de ocio, así como propostas familiares e infantís.

 

A Deputación de Pontevedra colabora coa XIX Festa do Tino Rías Baixas das Neves cunha achega de preto de 13.000 euros a través do +Provincia e coa doazón de 35 camelias para rexenerar espazos públicos e distribuír entre as 13 parroquias do concello.