viernes. 01.03.2024

As rondallas volven ser as protagonistas do Nadal porriñés. O vindeiro domingo 8 de xaneiro a vila do Louro acollerá o tradición Encontro de Rondallas do Porriño, no que se darán cita dez agrupacións.

Participarán a Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar), a Rondalla Nosa Merced de Chaín (Gondomar), a Rondalla Santiago de Parada (Nigrán), a Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos), a Rondalla Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (Mos), Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Herville (Mos), a Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui) e as anfitrionas, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios  e a Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas.

Será como cada ano no Pavillón Municipal e, no caso de que a choiva non o impida, estará precedido dun pasarrúas no que participarán todas as rondallas e que dará comezo ás 17 horas. 

A entrada é libre e de balde ata completar aforo.  As portas do municipal abriranse ás 17.15 horas. 

Encontro de Rondallas do Porriño
Comentarios