jueves. 25.04.2024

Celebrouse unha xuntanza entre a Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e unha delegación do Porto de Cork, integrada por responsables da terminal irlandesa e da Capitanía Marítima, Brendan Keating e Nick Burke, respectivamente.

O obxectivo desta visita é estudar posibles vías de colaboración entre ambos portos e seguir dando pasos no impulso dunha nova liña marítima que uniría Vigo con Plymouth, no suroeste de Inglaterra, e co Porto de Cork. Este encontro dá continuidade á visita realizada o pasado mes de decembro por membros da Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo, da Xunta de Galicia e a empresa, á devandita localidade irlandesa.

A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo traballan así na posta en marcha desta nova liña concibida, ademais de para carga rodada, para viaxeiros, de Galicia ás Illas Británicas e tamén en sentido inverso. Unha iniciativa que suporía un importante impulso para dinamizar as relacións comerciais e turísticas entre Galicia e Irlanda.

Encontro para abrir unha nova liña marítima que uniría Vigo con Plymouth e co Porto de...