viernes. 24.05.2024

'Na procura da excelencia' é o título do programa da novena Semana Gastrocultural que organiza a EFA A Cancela das Neves, centro de Formación Profesional e Promoción Rural. Van ser dúas xornadas, 15 e 16 de maio, no auditorio municipal nevense José Gil.

IMG_1205
Lara Fernández, directora da EFA A Cancela, en As Neves. 

O doutor en medicina e cirurxía Jorge Cameselle Teijeiro, académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxia de Galicia, abrirá a Semana GastroCultural, a partir das 10.00 horas. Seguiralle (10.45h) Levi Olivares González, xerente de EVD Galicia. O chef Victor Conus Cervantes intervirá ás 11.30 horas baixo o título 'La mesa de Conus'. Trala pausa para o café, ás 13.00 horas, o administrador de TECSEM SL, José Antonio Fernández Rodríguez. A xornada remata co relatorio de Óscar Pérez Ramil, secretario xeral e director técnico do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa.

O día do xoves, 16, comeza (10.00 horas) con dous representantes de Terapia Ocupacional MICELIO, Cristina Gil Estévez, Terapeuta ocupacional, e Selena Barros Martínez, Logopeda. Ás 10.45 horas, os asistentes escoitarán a intervención da doutora en Medicina Estrella López-Pardo Pardo.

Ás 11.30, a experiencia de Eleven School Montessori British Education Vigo, con Cristina Pereira, do equipo directivo, e Caterina Ruzza, presidenta do Comité de Educación Financeira en AEPF. Tralo café, ás 13.00 horas, vai ser a quenda do director xeral de AGACAL, Luís Cabarcos Corral. Así se chega á clausura, 14.15 horas, a cargo de Cabarcos Corral, María del Carmen Gil, presidenta Asociación EFA A Cancela, e José Manuel Alfonso, alcalde de As Neves.

A entrada no auditorio municipal nevense José Gil é de balde ata completar aforo.

A EFA A Cancela prepárase para a súa Semana GastroCultual
Comentarios