viernes 20/5/22

Unha ducia de expositores de minerais, fósiles e xoiaría de Galicia e Portugal

 A feira contará con 60 metros de exposición que abrirá diariamente ao público totalmente de balde. Pero ao longo destes tres días tamén haberá obradoiros como o de bateo de ouro ou de xoiaría ou un taller de mineraloxía impartido polo Grupo Mineralóxico Galego e outro de identificación de minerais pola Escola de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo dirixido especialmente a alumnado de diferente centros de ensino.
Feira dos Minerais. ARQUIVO.
Feira dos Minerais. ARQUIVO.

A cuarta edición da Feira de Minerais e Fósiles de Guláns chega a Ponteareas esta fin de semana cunha morea de actividades de balde para todos os públicos. Os vindeiros 6, 7 e 8 de maio o auditorio do Centro Cultural de Guláns converterase no escenario desta feira que contará coa presenza de doce expositores de minerais, fósiles e xoiaría de Galicia e Portugal e cun programa de obradoiros dos que o público poderá gozar cada día de 10.00 a 21.00 horas.

Organizada en colaboración co Concello de Ponteareas, a feira contará con 60 metros de exposición que abrirá diariamente ao público totalmente de balde. Pero ao longo destes tres días tamén haberá obradoiros como o de bateo de ouro ou de xoiaría ou un taller de mineraloxía impartido polo Grupo Mineralóxico Galego e outro de identificación de minerais pola Escola de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo dirixido especialmente a alumnado de diferente centros de ensino.

A concelleira de Ensino e alcaldesa, Cristina Fernández Davila, anima a toda a veciñanza e familias a visitar estes días a feira e gozar das actividades didácticas e lúdicas que se ofrecen. A rexedora salienta que “iniciativas como a Feira de Minerais de Guláns permite especialmente á mocidade descubrir sectores diferentes e temáticas científicas sorprendentes que poden converterse en vocación para moitos rapaces e rapazas”.

O Concello felicita á organización polo traballo feito e agradece ao Grupo Mineralóxico Galego é á Escola de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo a súa colaboración para levar adiante unha nova edición desta feira.

Unha ducia de expositores de minerais, fósiles e xoiaría de Galicia e Portugal
Comentarios