O "dinamismo" do comercio vigués

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu hoxe en Vigo á gala de premios do concurso ‘Ilumina o teu escaparate”.
Celebrouse a gala de premios do concurso ‘Ilumina o teu escaparate”, en Vigo. 

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu hoxe en Vigo á gala de premios do concurso ‘Ilumina o teu escaparate”, na que destacou o dinamismo e implicación do comercio de proximidade da cidade de Vigo.

O concurso, no que participaron máis de medio cento de establecementos, é froito da colaboración da Xunta coas asociacións de comerciantes que buscan, deste xeito, activar o consumo no pequeno comercio durante o Nadal.