lunes. 03.11.2025

A Deputación de Pontevedra achega este xoves, 24 de xullo, a Cangas do Morrazo a súa exitosa xira de contacontos 'Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas'. A actividade, organizada en colaboración coa compañía Polo Correo do Vento con motivo das Letras Galegas, terá lugar ás 20.00 horas nos xardíns do Parque de Andrea. Esta cita en Cangas forma parte das 35 programadas que se estenderán por concellos de toda a provincia ao longo do mes.

O principal obxectivo desta iniciativa da Deputación é divulgar entre a infancia o papel fundamental das cantareiras na conservación e difusión da lingua galega.


 

Un percorrido pola vida e música das cantareiras

 

Os obradoiros ofrecen un percorrido ameno e participativo pola biografía destas mulleres, centrándose en figuras emblemáticas como Adolfina e Rosa Casás Rama (de Cerceda), Eva Castiñeira Santos (de Muxía) e Manuela Lema, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda (integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica).

Durante a actividade, ademais de coñecer as súas historias, interpretaranse as pezas que estas mulleres cantaban, xunto con outras propias de cada localidade anfitrioa. A xornada culminará cun obradoiro de debuxo onde os nenos e nenas terán a oportunidade de realizar unha caricatura dunha pandeireteira, fomentando así a súa creatividade e conexión coa cultura popular galega.


 

Unha xira que chega a 

A Deputación de Pontevedra leva os contacontos 'Cantareiras' a Cangas e continúa a súa...
Comentarios