viernes. 26.04.2024

'Dálle volta ó viño'

A través de catas comentadas que terán lugar en cinco establecementos de hostaleira de Tui, en concreto: Cafetería Entrehoras, Cafetería Amazonas, Restaurante O Pote, restaurante El Molino, e tapería Tapas e viños, buscaran dar a coñecer castes, denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, elaboracións e tamén un achegamento os viños portugueses. Ademais nestas catas comentadas  tentarase rachar cun unha serie de tópicos sobre o viño, ensinar nocións de cata e maridaxes.

A Asociación de empresarios de Tui (EMPRETUI) , a asociación A Emoción dos Viños e o Concello de Tui colaboran nunha iniciativa orientada a dinamizar a hostalaría tudense o mesmo tempo que se promociona a cultura do viño e se dan a coñecer distintos viños galegos.

A través de catas comentadas que terán lugar en cinco establecementos de hostaleira de Tui, en concreto: Cafetería Entrehoras, Cafetería Amazonas, Restaurante O Pote, restaurante El Molino, e tapería Tapas e viños, buscaran dar a coñecer castes, denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, elaboracións e tamén un achegamento os viños portugueses. Ademais nestas catas comentadas  tentarase rachar cun unha serie de tópicos sobre o viño, ensinar nocións de cata e maridaxes.

As datas de celebración das mesmas van dende o mes de maio ata o mes de decembro, comezan o próximo día 26 de maio as 20.30 horas na cafetería Entrehoras e versará sobre: “castes ancestrais galegas” algunhas delas recuperadas recentemente e que forman parte do patrimonio vitivinícola galego . As prazas para participar  son limitadas a un máximo de 16 persoas que catarán en cada unha delas 6 viños distintos, o prezo por persoa será de 17 € e é preciso inscrición previa, que debe facerse no correo,

A programación completa destas xornadas é a seguinte: Dia 26 de Maio: Castes Ancestrais Galegas,  Cafetería Entrehoras. Dia 2 de Xuño: Falemos das I.X.P. Primeira parte, Cafetería Amazonas-Dia 16 de Xuño : Falemos de I.X.P. Segunda parte, Restaurante O Pote. Dia 30 de Xuño: As Brancas Gañan, Restaurante El Molino. Dia 6 de Outubro:  Naturalmente Viños, Tapas e Viños. Dia 20 de Outubro: Os nosos irmáns Portugal Parte 1, Entrehoras. Dia 10 de Novembro: Os nosos Irmáns Portugal Parte 2, Amazonas. Día 24 de Novembro: Rompendo Tópicos no viño, Restaurante O Pote. Dia 1 de Decembro: Burbullas parte 1, Tapas e viños. Dia 15 de Decembro: Burbullas parte 2, Restaurante El Molino

Máis  información sobre as xornadas no teléfono de Empretui: 604 032 731

'Dálle volta ó viño'
Comentarios