jueves. 28.03.2024

Este fin de semana o Concello de Arbo, celebra a XXVIII Festa da Lamprea Seca, que este ano se estrea como Festa de Interese Turístico de Galicia.

A partires das 11.00 horas, os visitantes poderán degustar a lamprea  seca en distintos estilos acompañada dos viños das adegas de Arbo.

As 18.00 horas hinchables gratuitos para a cativada

A Caballeira de Turbela é un lugar ideal, con mesas e sombras para pasar un día diferente disfrutantdo da boa gastronomía que Arbo ofrece e de música e diversión.

Durante todo o día tamén poderemos visitar o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea Arabo.

Pola noite e como fin de Festa contamos coa banda Ourensá Guezos ás 20.00 horas e D¨Vacas a partir das 22.30 horas

Guezos, unha banda ourensá que naceu en 1999 e mestura pop, rock e folk galego, co seu novo disco Faiscas na Carballeira de Turbela. Faiscas representa o “paso fugaz do tempo, das vidas e de como todo pasa moi rápido, case sen decatarnos” O disco está formado por 7 cancións, entre elas 3 versións que levan anos acompañando ao grupo 

D¨vacas, despois do seu primeiro “Tour vacanal”, presentado no 2016, veñen de xirar por teatros e prazas co seu último espectáculo, o “Tour vacanal 2019”. Unha cerimonia, un casamento oficial co público para o que renovaron coroas, alpacas, vestidos e repertorio. Unidos aos grandes xites como o Amodiño ou o Noite e Día, aparecen temas novos que dan resposta tamén a novas inquedanzas musicais, tal é o caso de El anillo pa’cuando? ou Rexurdimente, dos que tamén fixeron videoclips, outro dos seus fortes, acadando miles de visualizacións en internet.

D¨Vacas, en Arbo
Comentarios