domingo. 28.04.2024

Cultura do Viño e música, a simbiose perfecta para a maxia da Festa do Viño do Condado do Tea

Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebrou a LXIV Festa do Viño do Condado do Tea coa visita de público que proviña non só da nosa provincia senón doutros puntos da comunidade e tamén da península.
10
Brinde da alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, co gran Mestre da Confraría, Antonio Alén, xunto con a concelleira de Cultura, Lorena Soto, e o que foi primeiro tenente de alcalde, Andrés Acuña.

Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebrou a LXIV Festa do Viño do Condado do Tea coa visita de público que proviña non só da nosa provincia senón doutros puntos da comunidade e tamén da península.

Dende a inauguración da festa o venres 25 sucedéronse actividades diversas nas que non podía faltar a música cos grupos folclóricos e de baile de Salvaterra de Miño, charangas e coas actuacións de Lucky Duckies, A Roda, SondeSeu, Fanfarria Taquikardia, O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla. Previamente á inauguración foron moitos curiosos do viño e afeccionados os que puideron degustar os caldos nas catas comentadas que 
ofreceron as adegas e tamén no Túnel do Viño que nesta terceira edición duplicou a súa participación.

O domingo no acto de nomeamento de novos cofrades descubrimos tamén os viños deliciosos do ano que foron os seguintes: na categoría de Rías Baixas Tintos Terras do Sur, na categoría Albariños Aravo, Eido da Fonte e La Val e na categoría Rías Baixas Condado Señorío de Rubiós, Piñeiral Señorío de Rubiós e Arbastrum. A continuación o pregoeiro e novo cofrade o humorista, presentador e actor Roberto Vilar fixo lectura do
pregón co recinto amurallado cheo de xente que continuo a festa durante o resto da xornada.

Ó peche da Festa do Viño do Condado do Tea supón o final do Verán Cultural que un ano máis aumentou as actividades para tódolos públicos e que sigue sendo referente na nosa comarca.

Cultura do Viño e música, a simbiose perfecta para a maxia da Festa do Viño do Condado...
Comentarios