sábado. 27.07.2024

Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís, Baiona, naceu e vivíu sempre no seu barrio natal de Viso de Calvos xunto aos seus irmáns.

O seu ano de nacemento non se lle esquece, o 1923, tampouco o seu barrio nin a súa familia incluso aqueles que emigraron e lle mandan o seu cariño dende Arxentina.

O alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, no nome de toda a Corporación trasladáronlle os seus parabéns acompañados dunha cesta de flores frescas e unha tarta de aniversario.

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario
Comentarios