viernes. 01.03.2024

A IV edición do Certame de Rondallas tivo lugar na Estación Marítima de Vigo, unha cita impulsada pola Xunta de Galicia que apoia e promove a conservación da cultura popular e de base.

No certame, que regresou tras a súa interrupción o ano pasado por mor da pandemia, actuaron un total de 13 rondallas procedentes tanto de distintas parroquias de Vigo – Beade, Bembrive e Valadares— como de concellos da área metropolitana –como Gondomar, Tui, Nigrán e Mos—, o que volveu poñer de manifesto a forte presenza destas agrupacións no sur de Galicia.

Certame de Rondallas en Vigo