viernes. 26.04.2024

O Castelo de Dona Urraca ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos, segundo un comunicado do Concello de Salvaterra.

Ademais, este espazo de divulgación vitivinícola vese complementado coa inclusión do Punto de Información Turística no interior do Castelo de Dona Urraca, xa que son moitas as demandas de información que o municipio de Salvaterra de Miño recibe acerca dos seus senlleiros recursos turísticos.

Case novecentas persoas visitaron, dende o mes de abril, o espazo arquitectónico máis representativo de Salvaterra de Miño, o Castelo de Dona Urraca.

As visitas ó Castelo de Dona Urraca xa poden ser audioguiadas e realízanse mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil. Un sistema que permite ó usuario non só coñecer de primeira man todos os contidos do museo senón tamén, obter información dos principais recursos turísticos do municipio.

O elevado volume de visitantes que se achegan ó Castelo de Dona Urraca reflicte o gran interese que o municipio esperta pola variedade e riqueza dos seus puntos turísticos.

O Castelo de Dona Urraca, que alberga o Museo da Ciencia do Viño e tamén o Punto de Información Turística, está aberto de mércores a domingo, no seguinte horario de atención ó público: de 11h a 14h e de 17h  a 19h.

Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas. 

As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico.

O Castelo e o museo da Ciencia do Viño, atractivos turísticos de Salvaterra
Comentarios