viernes. 19.04.2024

O alcalde de Tui,

Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, formalizaron

onte – coa sinatura do convenio - o acordo con Cáritas Diocesana Tui-Vigo para

que sexa está entidade a que realice a recollida de roupa, calzado e complementos

usados no municipio. O secretario xeral de Cáritas Tui-Vigo, Jose Antonio

García, rubricou o convenio coa administración municipal.

O Concello de Tui

aposta así por este proxecto social, que amais permitirá incrementar de 10 a 12

o número de colectores de roupa usada distribuídos no municipio.  Os 8 primeiros están xa situados no Punto

Limpo, en Areas,  na Avenida da

Concordia, na rúa Colón, a carón do Centro de Saúde e a carón da igrexa de San

Bartolomeu. Os outros catro serán situados nos próximos días noutras tantas

ubicacións.

O proxecto que

desenvolve Cáritas Diocesana Tui-Vigo ten por obxectivo dignificar a entrega de

roupa a persoas en situación de vulnerabilidade, coidar o medio ambiente, e dar

unha oportunidade laboral as persoas que non tiñan posibilidade de atopar  un posto de traballo, para o que crearon unha

empresa na que xa traballan dez persoas.

Cáritas recolle a roupa usada tudense