viernes. 29.03.2024

Mañá xoves, 13 de abril, dentro da programación das Festas de San Telmo haberá acrobacias e maxia, teatro e música.

As actividades comezarán ás 16.30 h coa actuación da Coral San Telmo na Residencia Paz e Ben, dentro da iniciativa para achegar aos e ás maiores do centros de día e residencias tudense a música nestas festas.

Grupo de teatro A Insua de Caldelas.
Grupo de teatro A Insua de Caldelas.

Ás 18.00 h Patty Diphusa  actuará na carpa do Paseo da Corredoira co seu espectáculo “SúperHarte”, no que conectará cos máis pequenos e pequenas da casa con acrobacias de altura e comedia, meténdose incluso dentro de globos e conseguindo voar.

Xa ás 21.00 h no Teatro Municipal de Tui continúa a XIII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro A Insua de Caldelas coa obra “E ti, a que escola fuches?”. Seis actores e actrices baixo a dirección de Sofía González Durán darán vida a esta comedia inspirada na obra de ‘O Florido Pensil” de Andrés Sopeña. As entradas están á venda en tui.gal ao prezo de 2 euros. Tamén se poderán mercar mañá xoves dende ás 20 h no despacho de billetes.

Acrobacias, música e teatro este xoves na programación das festas de San Telmo
Comentarios