‘A Festa BARES-Mos’

DSC_0072
Durante o acto espúxose este ambicioso evento gastronómico, musical e cultural programado polos hostaleiros mosenses que contará con decenas de postos, tanto de comida e bebida como artesanía e ata un stand das Palilleiras de Mos e outro do Centro de Información á Muller, CIM, de Mos; concertos, animación e espectáculos durante todo o día: desde as 12.00 horas do mediodía ata as 23.30 horas da noite, intre no que comezará a última actuación musical.

Esta tarde tivo lugar no Multiusos das Pozas a presentación da feira da hostalería de Mos ‘A Festa BARES-Mos’ que organiza a Asociación de Hostaleiros mosense o vindeiro sábado, 11 de xuño, dentro da programación da Festa da Rosa 2022, tamén na contorna do Multiusos.

Na presentación desta tarde estivo presente a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente da Asociación de Hostalería de Mos, Esteban Cidanes, a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, e demais membros da Asociación de Hostalería BARES Mos.

Durante o acto espúxose este ambicioso evento gastronómico, musical e cultural programado polos hostaleiros mosenses que contará con decenas de postos, tanto de comida e bebida como artesanía e ata un stand das Palilleiras de Mos e outro do Centro de Información á Muller, CIM, de Mos; concertos, animación e espectáculos durante todo o día: desde as 12.00 horas do mediodía ata as 23.30 horas da noite, intre no que comezará a última actuación musical.

As ofertas de gastronomía van desde pulpo ata porco ao espeto, callos, empanada de pan de millo, creps, xamón, etc.

A música comezará ás 13.00 horas en sesión vermú con Skarajazz, seguido de Algarabía Folk ás 19.00 horas, Girls Gang ás 21.00 horas, Susana Seivane ás 22.00 horas e, para rematar, The Turres Band ás 23.30 horas. O gran concerto de Susana Seivane está financiado polo Xacobeo 21.22 da Xunta de Galicia.

Ás 17.00 horas da tarde a animación infantil correrá a cargo do Mago Marco.

Respecto dos artistas mosenses que actuarán ao longo da xornada no Multiusos, desde a Asociación BARES Mos quíxoselles agradecer a súa colaboración e participación neste evento gastronómico pioneiro no municipio. Así mesmo, os hostaleiros mosenses aproveitaron para darlles as grazas a Coren e Disgobe polo seu apoio nesta iniciativa.

A diversión estará garantida neste día da hostalería mosense, no que tamén se celebrará un sorteo con máis de 100 premios a repartir entre os participantes.