jueves. 18.04.2024

O pasado mércores a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tápias, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, desprazáronse ata a Casa de Cultura de Salvaterra para ver de primeira man a execución das obras de mellora da eficiencia térmica que se acaban de realizar, por un importe de algo máis de 48.000 euros financiados pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Ditas obras consistirón principalmente na sustitución de ventanais que permitirán un importante aforro enerxético e melloran as condición de habitabilidade do edificio.

Ademáis a Directora Xeral tamén aproveitou a ocasión para comprobar o funcionamento do salvaescaleiras que se acaba de instalar no mesmo edificio, co fin de dotalo da máxima accesibilidade posible. Esta actuación está enmarcada no programa de mellora de infraestruturas da Consellería de Presidencia, organismo que cofinanciou esta obra.

A Casa da Cultura salvaterrense mellora a súa eficiencia térmica