sábado. 20.04.2024

O Concello de Arbo, un ano máis quere agasallar o amor que durante 50 anos levan compartido os matrimonios arbenses, e como tal celebra o evento tradicional “Vodas de Ouro” o vindeiro 6 de agosto ás 21.00 horas na  Praza Consistorio. Son 13 os matrimonios que suman 650 anos compartindo a súa vida. 

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, pon de manifesto que é unha satisfacción e ledicia poder celebrar este evento colectivo que simboliza e homenaxea as parellas por ser un exemplo de convivencia, respeto e fortaleza.

Neste evento no que están citados un total de trece matrimonios que cumpran ou que cumprisen os “50 anos de casados” - Vodas de Ouro  dende o 16 de febreiro de 2021 ata o 31 de xullo de 2022,  terán o seu evento propio diante dos veciños e veciñas arbenses que queiran participar nesta celebración.

Algunha parella máis tamén estaba citada, pero que por motivo de saúde non poden acudir, polo que o alcalde, acudira a visitalos a súa vivenda.

Durante o evento, os matrimonios poderán desfrutar da actuación do artista Antonio Barros con “ialma” un directo acustico de boleros e baladas .

Antonio Barros e coñecido polo seu paso polo concurso televisivo Recantos do recoñecido programa Luar da TVG, concurso do que foi gañador.

Da man do alcalde, os homenaxeados, recibirán un pin co escudo do Concello no caso dos homes e un ramo de frores no caso das mulleres, así como unha placa conmemorativa que lles recorde o seu paso por este evento.

650 años de matrimonio en Arbo
Comentarios