lunes. 27.05.2024

Trala súa reanudación o pasado sábado con postos de produtores agrarios, a feira e o mercado de Ponteareas van ampliando o seu número de postos. Segundo informou o concelleiro Roberto Mera, este xoves 14 e o sábado 16, un total de 25 postos de produtos agrogandeiros e alimentarios instalaranse na Praza de Bugallal e na rúa Morales Hidalgo, respectando as distancias necesarias para a seguridade dos vendedores e consumidores.

O

goberno local está xa estudando as fórmulas para continuar avanzando nas

vindeiras semanas na incorporación ás feiras e mercados dos postos de venda de

textil, calzado e bazar.             

25 postos de produtos agrogandeiros e alimentarios instalaranse na Praza de Bugallal e...