sábado. 27.04.2024

O Concello de Salvaterra de Miño contará en breve cun novo obradoiro de emprego “SALVATERRA EMPREGA III” cunha financiación de máis de 500.000 euros , coa que se busca continuar coa liña de fomento do emprego en colaboración coa Consellería de Promoción o Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

A través deste obradoiro se posibilitará que un total de 20 persoas desempregadas se formen e capaciten nas especialidades formativas ofertadas do ámbito forestal e xardinería, coa finalidade de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas do municipio.

SALVATERRA EMPREGA III terá unha duración de 12 meses nos cales o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo en si.

O único requisito para participar no obradoiro é estar dado de alta na oficina de emprego de Ponteareas como demandante de formación nas ditas especialidades. Non se pedirá formación previa e os colectivos con máis dificultade na inserción laboral terán prioridade.

20 salvaterrenses desempregados obterán un certificado de profesionalidade no ámbito...
Comentarios