martes. 11.02.2025

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 69.717 deles 14.045 son da área da Coruña, 7.214 da de Lugo, 8.341 da de Ourense, 7.912 da de Pontevedra, 17.489 da área de Vigo, 10.706 da de Santiago e 4.010 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 483 en unidades de hospitalización e 69.178 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 255.255 persoas curadas, rexistrándose 2.843 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.455.181.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.121.114.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 69.717 casos activos por coronavirus