A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 65.841 deles 14.141 son da área da Coruña, 6.610 da de Lugo, 6.767 da de Ourense, 7.711 da de Pontevedra, 17.338 da área de Vigo, 10.158 da de Santiago e 3.116 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 581 en unidades de hospitalización e 65.212 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 324.379 persoas curadas, rexistrándose 2.897 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.522.414.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.326.523.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.