A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 59.451 deles 11.893 son da área da Coruña, 6.317 da de Lugo, 7.738 da de Ourense, 6.610 da de Pontevedra, 14.074 da área de Vigo, 9.173 da de Santiago e 3.646 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 457 en unidades de hospitalización e 58.937 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 248.490 persoas curadas, rexistrándose 2.832 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.440.648.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.069.676.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.