Brión rende homenaxe a Alfredo Conde no Premio José Luís Alvite 2026

(De esq. a dta.), Pablo Lago, alcalde de Brión, Luís López Campos, conselleiro de Cultura; María Méndez, presidenta da APG e o premiado escritor e articulista Alfredo Conde.
Alfredo Conde recibe la estatuilla 'A deusa de Alvite' -obra de Acisclo Manzano-, que lle acredita como Premio José Luis Alvite 2026 de columnismo da APG.
Alfredo Conde enxalzou o traballo dos xornalistas, aos que considera “os responsables que lle quedan á nosa sociedade para recibir información contrastada, correctora dos desvíos de opinión inducidos dende os gabinetes de prensa da sociedade, cando non dende os próximos a aqueles que dependen dos órganos de goberno, nos lindes da xustiza ou nos gabinetes do lexislativo”.
Conde lembrou a José Luís Alvite como “un dos grandes columnistas españois”, considera que os xornalistas son “o último bastión de defensa da liberdade de pensar e opinar”.
Actuación do grupo de gaitas de Brión.
José Campos, conselleiro de Cultura destacou de Alfredo Conde que era “unha persoa comprometida coa nosa terra, coa nosa cultura e a nosa lingua, como demostra tanto na súa vida profesional como persoal“.
o alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, agradeceu a Alfredo Conde e á Asociación de Periodistas de Galicia que escollesen Brión para a entrega do Premio José Luís Alvite.
María Méndez, presidenta de la APG, reivindicou a liberdade de prensa que, segundo ela, “segue sendo, talvez hoxe máis ca nunca, un ben prezado que temos que seguir conquistando día a día, en todas as frontes e fronte ao enorme ruído que xeran tantos e tantos conflitos no mundo”.
Conde tampouco esqueceu o labor dos cámaras e dos fotógrafos de prensa, que “nos amosan”, engadiu, “a realidade que avala o texto redactado por ese xornalista que a contrasta coa ofrecida por aqueles que ocultan os feitos ou os terxiversan”.
O publico enchía o auditorio do centro Polivalente de Brión.
Conde considera “os responsables que lle quedan á nosa sociedade para recibir información contrastada, correctora dos desvíos de opinión inducidos dende os gabinetes de prensa da sociedade, cando non dende os próximos a aqueles que dependen dos órganos de goberno, nos lindes da xustiza ou nos gabinetes do lexislativo”.
Brión converteuse no epicentro do xornalismo galego coa entrega do Premio José Luís Alvite 2026 a Alfredo Conde, nun acto cargado de emoción, recoñecemento e reflexión sobre o papel dos medios na sociedade actual. Autoridades, representantes da Asociación de Periodistas de Galicia e numerosos profesionais do sector arrouparon ao escritor ourensán nunha xornada na que se puxo en valor a súa traxectoria literaria e xornalística, ao tempo que se reivindicou un xornalismo rigoroso, comprometido coa verdade e atento á realidade máis próxima. O evento, acompañado pola música dos Gaiteiros de Brión, deixou tamén imaxes dun ambiente cálido e participativo que reflicten a dimensión cultural e humana dun galardón xa consolidado no panorama galego.