O Entroido de O Porriño en imaxes: cor, tradición e moita festa na rúa

Participantes no Entroido de O Porriño lucindo cabezudos e personaxes populares polas rúas do centro, nun desfile marcado pola creatividade e o bo ambiente.
O Porriño vestiu este sábado as súas mellores galas de Entroido cun día de sol, gran afluencia de público e un desfile cheo de cor, música e creatividade que converteu o centro da vila nunha auténtica festa na rúa.