sábado. 18.05.2024
No primeiro mercado de moda e complementos de segunda man do Rosal

Obradoiro creativo de maruxiñas

Con esta actividade ao abeiro do Rula Roupa, o Concello busca “fomentar a creatividade e a conciencia ambiental dende idades temperás, achegando a rapaces e rapazas á idea de consumir roupa de xeito responsable e sostible, minimizando o posible o impacto da industria téxtil. Porque queremos seguir avanzando para facer do Rosal un concello máis verde e sostible no que a calidade de vida continúe a ser unha prioridade”, resalta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Maruxiñas, figuras recortables ás que nenos e nenas poderán irlles cambiando o estilismo empregando deseños realizados con teas recicladas.
Maruxiñas, figuras recortables ás que nenos e nenas poderán irlles cambiando o estilismo empregando deseños realizados con teas recicladas.

Rula Roupa Rosal segue tecendo o seu programa de actividades para o vindeiro domingo 12 de maio. O primeiro mercado de moda e complementos de segunda man do Rosal contará cun programa apto para a cativada cun obradoiro creativo de maruxiñas, figuras recortables ás que nenos e nenas poderán irlles cambiando o estilismo empregando deseños realizados con teas recicladas.

Con esta actividade ao abeiro do Rula Roupa, o Concello busca “fomentar a creatividade e a conciencia ambiental dende idades temperás, achegando a rapaces e rapazas á idea de consumir roupa de xeito responsable e sostible, minimizando o posible o impacto da industria téxtil. Porque queremos seguir avanzando para facer do Rosal un concello máis verde e sostible no que a calidade de vida continúe a ser unha prioridade”, resalta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O obradoiro estará dirixido a nenas e nenos dende os 3 anos e contará cun máximo de 30 prazas. As persoas interesadas deberán inscribir aos rapaces e rapazas no propio Concello ou enviando un correo electrónico a [email protected] indicando nome e apelidos, idade da ou do participante e un teléfono de contacto.   

O concelleiro de Comercio, Alejandro González, explicou que este obradoiro encádrase dentro do programa de actividades para dinamizar o mercado de moda e complementos de segunda man Rula Roupa, que se celebrará o mesmo 12 de maio de 11.00 a 20.30 horas de forma ininterrompida e na que poderán participar de balde ocupando un dos 23 expositores dispoñibles todas as asociacións sen ánimo de lucro ou persoas interesadas en ofertar produtos aos que darlles unha segunda vida.

As persoas ou entidades interesadas poden presentar aínda a súa solicitude ata hoxe martes 3o de abril. As solicitudes presentaranse cumprimentando a instancia sinalando os produtos que se van a ofertar e incluíndo o DNI da persoa solicitante e das persoas que participarán no posto, autorización de representante legal para menores de 16 a 18 anos e, no caso das asociacións, CIF e DNI da persoa representante. A documentación poderá presentarse de forma presencial no Rexistro do Concello de 09.00 a 14.00 h ou a través da Sede Electrónica municipal.

Para amenizar a xornada, durante todo o día o Mercado municipal contará cun concerto para todos os públicos, así como cunha actuación para público infantil e postos de comida para que, como destaca González, “a veciñanza goce dunha xornada na que lecer, aprendizaxe e responsabilidade ambiental, económica e social camiñarán  novamente da man”.

Obradoiro creativo de maruxiñas
Comentarios