jueves. 18.04.2024

O Palco de san Bieito, atopase nun lugar privilexiado, no entorno da Igrexa de Santa María de Arbo, uns dos altos do concello do municipio arbense, desde onde podemos desfrutar das vistas de parte do territorio de Arbo e a Vila veciña Melgaço, en Portugal

As obras tiveron  como obxectivo principal a restauración do referido palco, para devolver a este elemento arquitectónico unha cuberta digna, conservando os seus elementos orixinais e reparando os que estaban afectados por algunha patoloxía e foran recuperables, substituíndoos en caso necesario por outros de igual deseño que os orixinais,  e sobre todo eliminando os engadidos ou transformacións sufridas que desvirtuaban a súa imaxe, para garantir a súa durabilidade e mantemento.

As actuacións, centráronse sobre todo na parte máis dañada, que se atopaba totalmente atacada pola corrosión, polo que foi necesaria a retirada coompleta para a súa posterior restauración, seguindo o esquema da sustentación orixinal.

O importe das obras ascenderon a 10.151 euros- que financiadas  coa achega da Deputación de Pontevedra que concedeu ao  Concello de Arbo unha subvención por importe de 4.031,77, así como  pola Diocese de Tui-Vigo  dacordo o convenio asinado o día 28.09.2020 onde esta última se compromete a colaboración no financiamento da actuación no importe de 3.500,00 euros e o concello que achegaou  dos propios fondos municipais 2.619,53  euros, e foi unha empresa local a encargada das obras de restauración e mellora do entorno do Palco de San Benito, na parroquia de Arbo.

Remozado o palco arbense de san Bieito